na leira

o tempo pasa pero eu sigo na leira. son unha vaca mortal pero manexo outros ritmos diferentes aos dos meus conxéneres.

o mundo segue dando voltas pero agora ohqtomr anda deitando os seus rebotes de modo máis conciso no herbal do lado, que vén sendo este: https://twitter.com/eduardo_estevez

el segue coa súa poesía, agora seica vai publicar un libro novo pero aínda anda mirando probas e esas cousas.

desde que non remoo en público a política anda costa abaixo, ou os políticos, ou algúns políticos.

fixeron amago de spanish revolution e non foi aló a cousa moi a maiores.

e os que teñen a sartén polo mango e mais o mango seguen á súa de fritir humanos no seu aceite rancio.

en fin, que non morrín, e que igual dáme por vir por aquí de cando en vez. nesta leira segue a medrar a herba grazas aos bos amigos de blogaliza. longa vida para el@s.

aínda que todo semelle mustio, eu sempre penso que pode andar mellor. e para iso remoo.

 

non confundir cun peche (peche)

levo, como vedes, unha tempada sen actualizar o blog.

ocórrenseme cousas que comentar a respecto de cousas que suceden.

por exemplo, sobre o pacto pp-upn.

ou sobre as opinións da señora grecia sobre o matrimonio homosexual.

pero todo sóame a repetido e abúrreme.

cedín, mesmo, nalgún momento, á tentación de engadir un post e despois borreino.

así que vou pechar este chiringuito.

podería borrar o blog e igual aforro algo de disco á blogaliza.

pero antes quero facer backup do contido e aínda non descubrín como facelo.

mentres tanto, como estou recibindo de vez en cando spam nalgúns posts vellos, vou optar por bloquear todos os comments no blog.

así, de paso, non vos vedes na obriga de deixar os típicos comentarios de pésame polo peche ou volve cando queiras, etc, que colaboran ao crecemento do meu ego pero pouco máis.

con todo, deixo aquí constancia de que o ollo da vaca estivo ben mentres durou, foi divertido, pero agora ocúpanme outros proxectos, máis lentos, menos estridentes pero, ao meu ver, máis interesantes e produtivos.

deixo aquí os links:

mirar para este lado (desbarres sobre escrita literaria)

esca e pedra (poemas da wikipedia)

de vez en cando algún jaiku

e, sempre, en construción para que reflexionar sobre o que fago e que saibades en que ando

non confundir cun blog (outro blog)

rememorando vellas batallas pero coa vista no futuro, acabo de inaugurar (con inestimábel axuda) un novo blog no que agardo as vosas visitas.

mirar para este lado, que está en…

http://mirarparaestelado.blogspot.com

non confundir cun fallo

véxase aquí

non confundir con democracia (opinión)

refire o xornal arxentino página/12 de hoxe unha enquisa realizada pola organización WorldPublicOpinion a propósito da aceptación que ten a tortura a terrorista como medio para salvar outras vidas humanas.

as cifras son espeluznantes.

a nivel global, só un 57 % das persoas entrevistadas rexeita a tortura nestes casos.

as nosas sociedades occidentais vertébranse arredor de principios moitas veces discutíbeis. mesmamente este da “democracia” podería poñerse en cuestión se maiorías como esta nos levan a autorizar a tortura con fins policiais.

ou a “democracia representativa” se permite que institucións como o parlamento europeo aproben directivas como a recente de ampliación do prazo de retención de inmigrantes sen papeis (pensádeo un pouco: trátase de que se pode ter até 6 meses retida a unha persoa sen proceso xudicial só porque non ten papeis!) ou a ampliación da xornada laboral a 65 horas semanais.

encántanos xulgar os demais, os que non entendemos, e deberiamos pararnos un pouco a mirar o que estamos facendo coa nosa propia sociedade.

non confundir con san xoán (san pedro e san paulo)

conta ohqtomr:

«o solsticio en bos aires ten a súa complexidade multicultural.

»hoxendía, na cidade non sobrevive ningunha festa popular que eu saiba para celebrar o solsticio esquizofrénico.

»porque ha de terse en conta que as festas que levou a tradición europea coinciden en bos aires co solsticio de inverno (ou sexa, pouco que celebrar)!

»as fogueiras de san xoán celebráronse nalgunha época na cidade porque hai tangos e poemas que falan dela.

»por exemplo: este poema de borges.

»hai outro de raúl gonzález tuñón titulado “La fogata de San Juan” do que só atopei para linkar este post no que se cita unha das súas estrofas. E mais hai referencias á noite de san xoán noutros poemas seus.

»no meu bairro, cando eu era pequeno, sobrevivía a tradición das fogueiras nesas datas, pero como era bairro de inmigrantes italianos, eran fogueiras de san pedro e san paulo. xa non asabamos nada nelas pero lembro que na nosa “cuadra” (ver aquí a oitava acepción) a fogueira faciámola os nenos diante da casa dunha veciña que sempre se queixaba de que lle emporcabamos todo o patio.»

non confundir con vaidade (fotos)

a min tamén me gustaría que me quitasen unha foto desas.

pero eu son vaca de palleiro e non saio nos catálogos da xunta.

ou, cando menos, non saio neses 🙂

eugenio montejo (1938-2008)

Si vuelvo alguna vez

Si vuelvo alguna vez
será por el canto de los pájaros.

No por los árboles que han de partir conmigo
o irán después a visitarme en el otoño,
ni por los ríos que, bajo tierra,
siguen hablándonos con sus voces más nítidas.

Si al fin regreso corpóreo o incorpóreo,
levitando en mi mismo,
aunque ya nada logre oír desde la ausencia,
sé que mi voz se hallará al lado de sus coros
y volveré, si he de volver, por ellos;

lo que fue vida en mí no cesará de celebrarse,
habitaré el más inocente de sus cantos.

Eugenio Montejo

non confundir con presente (futuro)

a propósito dunhas declaracións públicas d’ohqtomr (que está ben máis guapo caladiño), unhas reflexións sobre o libro en papel, a internet e etcétera.

– que o futuro do libro estea nos formatos dixitais non quere dicir que o presente do libro estea nos formatos dixitais.

– o que está a adiar a morte do libro é o soporte de lectura. para moita xente segue a ser moi incómodo ler no ordenador, nin mesmo os portátiles son axeitados para ler en todas partes. os pda’s aínda son trebellos ao alcance de poucos petos e a súa pantalla non é tampouco demasiado cómoda (sen contar o problema da duración das baterías e outros).

– hoxe en día a discusión sobre a relación entre o libro en papel e a internet anda por volta das posibilidades da rede como “ferramenta para aumentar en tempo e profundidade os procesos lectores textuais” (vid. e vid.). a optimización dos soportes e a súa popularización (causa e consecuencia do descenso do seu prezo) farán que este estadio actual sexa superado.

– pero que o libro en papel aínda sexa un soporte vixente, non quere dicir que a súa morte non estea xa escrita.

– non coñezo as estatísticas pero a miña experiencia persoal faime pensar que os números aos que se refire juan varela no seu artigo antes referenciado probabelmente varíen de modo notábel se o soporte de lectura é máis cómodo (falando en cartos, que a xente é capaz de ler concentradamente textos maiores nun pda que nun pc).

– tampouco estou entrando a valor aquí se mola ou non mola o libro impreso. esa é outra discusión. nin mesmo estou a dicir eu se eu persoalmente prefiro unha cousa ou a outra.

– en todo caso, mentres o sistema literario e as súas institucións canonizadoras sigan debatindo sobre a relevancia do libro electrónico, os autores que recoñecen a existencia do tal sistema e a súa influencia no éxito ou no fracaso do libro (quer dicir: en que o libro teña ou non teña lectores) seguirán preferindo o papel, ou sexa, a vía que o sistema non cuestiona.

– e tampouco non quere dicir que ohqtomr non sexa un ser intrinsecamente contraditorio.

– e tampouco non quere dicir que as declaracións antes referidas sexan necesariamente un exemplo de contradición.

non confundir con autobombo (información)

unha semana despois, déixovos aquí unha relación dalgunhas das novas de prensa aparecidas con motivo do premio gonzález garcés que lle deron a’ohqtomr:

el país
vieiros
la voz
el correo gallego
galicia hoxe
la opinión
a nosa terra
praza das letras
xornal.com
culturagalega.org
galiciae
asociación de editores
concello de fene
radio fusión

páxina seguinte »