teimas

1) remoio infinitamente cando se trata de referirse ao produto artístico dos demais
2) a herba gústame sempre fresca, con aceite de oliva e pipas de xirasol.
3) ohtomr, cando ten que revisar código escrito por outra persoa, “indéntao” todo ao seu gusto antes de empezar a considerar a posibilidade de atopar o erro posíbel
4) pon os pratos do mesmo tipo xuntos cando frega e pode chegar a mover todos os do escurridor porque acaba de fregar un e non hai sitio para poñelo a carón dos do mesmo tipo
5) sen acritude: non nos gustan as cadeas nin sentimos a necesidade de coñecer as teimas de ninguén. sen embargo, por respecto aos que nos convidaron, tentamos contestar con sinceridade.

dous caraveletes na neve

a foto quitóullela ohqtomr hoxe no país dos caraveletes.
(hai link no título do post. para quen non o descubrira.)

estatuto ou estatua?

hoxe, mentres agardaba a que o xestor me devolvese o resultado dunha consulta algo complexa, pregunteime se existiría algunha vaca chamada “estatut”.
non existe (de momento). nin “estatuto”, tampouco. pero na procura apareceume unha vaca que se chama “estatua”. imaxinades unha vaca con ese nome?

cita

«Co século XX, o paradigma para interrogar as cousas, os feitos, os seres, parece que se modificou. O século XXI non fai senón seguir as novas pautas. Cales? O “que é?” grego, ese “ti” metafísico que bota en falta Heidegger achacándoo a un suposto “esquecemento do ser”, viuse substituído polo “cando?”. Xa non “que é a arte?” senón “cando hai arte?”. Xa non “que é o destino?” senón “cando hai destino?”.»

jordi bonells, la segunda desaparición de majorana. madrid, funambulista, 2005.
(a tradución fixémola ohqtomr e mais eu).

por certo, unha novela moi interesante a de bonells. vou ler máis cousas deste tipo.

os silencios do poema

(ou, tal vez, “mirar para outro lado III”)

tiña pendente unha reflexión a propósito do que se di e o que non se di no poema.

pero falei do tema c’ohqtomr e el decidiu asumir a reflexión onte pola noite a conto dun novo poema que engadiu no libro novo que anda construíndo.

en fin, que aí quedou a reflexión na súa bitácora.

é unha vaca portuguesa con certeza

estas vacas mandoumas un ollo amigo hai un tempo. non tivera vagar para colgalas aquí como merecen. aí van.

ohqtomr volve ás andadas

o home non sabe se estar contento, ilusionado, asustado, intrigado ou que.

a historia é así: tiña dende había ben tempo abandonada a poesía pero nos últimos meses fóronlle saíndo uns textos novos. e nas últimas semanas deu en concluír que ese material semellaba ter sentido en conxunto e podía empezar a considerar a posibilidade de facer un libro.

entón ocorréuselle a idea que o trae contento, ilusionado, asustado, intrigado e “que”: publicar completamente na web todo o proceso de construción do poemario.

así foi que creou un blog. chamouno “en construción”. podedes miralo facendo clic aquí. ademais, fixo unha serie de engadidos na súa páxina web para que se poida seguir todo o proceso.

tamén deixou por aí unha explicación sobre o funcionamento da historia.

en fin, que eu digo que podiades facerlle unha visita a ver que vos parece.

do novo dicionario da rag

veño de ler unha recensión en vieiros sobre o novo dicionario galego-castelán da rag.

lede a recensión e, se tiñades, perderedes logo todo interese pola tal magna obra.

lendo os comentarios á nota, quedo coa sensación de que se carga a responsabilidade da desfeita nos técnicos responsábeis do traballo.

sen pretender amnistialos creo que debe quedar moi claro (moito máis claro do que queda nos ditos comentarios) que a responsabilidade deste tipo de cousas é da institución.

se os técnicos que fan o dicionario non están capacitados, é responsabilidade da institución que os contratou.

e tampouco non me vale excusar bolseiros co argumento da súa escasa retribución monetaria. se unha persoa (ou vaca) acepta unha bolsa, acéptaa a conciencia da retribución que recibirá por ela. en diante, só resta desenvolver responsabelmente o traballo técnico que implica a bolsa.

preguntas na véspera

durante a república viñan os reis?

van aos u.s.a.?

son borbóns? ou habsburgo?

ou windsor?

iso de dicir “reises” no canto de “reis” será para que cadre a métrica da panxoliña aquela de “xa veñén os reises”?

opa

a conto do fallo do tribunal da competencia, o tema da famosa opa de gas natural sobre endesa volve ocupar os titulares grosos de xornais e informativos.

as posturas parecen irreconciliábeis. o goberno, mesmo sen ter aprobado aínda a opa, semella ser proclive a facelo. a oposición cólgalle ao goberno todo tipo de epítetos por favorecer unha opa que califica de poco menos que apocalíptica.

eu por principio desconfío das concentracións de capital que abeiran o monopolio. iso non pode ser bo para a xente (nin para as vacas).

pero teño verdadeiras dúbidas de que o que impulsa ao pp a opoñerse á opa sexa a súa preocupación polo benestar xeral.

cales serán, realmente, as motivacións que sosteñen tan encarnizadas posturas? saberémolo algún día?

páxina seguinte »