premios xustos e inxusto

non fun moito ao teatro o ano pasado. pero si tiven ocasión de ver o tío vania d’a factoría teatro nas funcións de estrea na sala nasa.

o tío vania é un texto ao que teño aprezo dende que vin a magnífica versión cinematográfica de louis malle. e ía ao d’a factoría con algo de medo despois de ver unha horrible montaxe dirixida por miguel narros.

onte o espectáculo levou unha presada de premios maría casares, os que outorga a asociación de actores, directores e técnicos de escena de galicia. aínda sen ver algúns dos espectáculos cos que competía, penso que estes premios son merecidísimos. mais teño que poñerlles unha pega gorda.

para o premio á mellor actriz había dúas nominadas do mesmo espectáculo.

e o premio, inxustamente, non foi para rocío gonzález, deliciosa e poderosa en sonia. unha mágoa: igual có personaxe na historia de chejov, na escena comunica emoción contida e serve de ligazón sólida para o traballo dos seus compañeiros de reparto. merecíao.

outro premio para veloso

reprodúcense os blogueiros que pasan a libro impreso.

xurxo sierra veloso, máis coñecido por este segundo apelido, artífice do rei de copas xa pasara antes, pero volverá pasar cun novo libro co que vén de gañar o premio risco de creación literaria.

noraboa para el. noraboa para os seus lectores.

ventos

chegou con que marchase paquiño para que a natureza puxese cada cousa no seu sitio.

de todos os xeitos, o seu sucesor promete repoñer a bandeira onde estaba.

outros ventos:

son diversos os que sopran estes días en euskadi.

eu, que non preciso ser políticamente correcto, e que me paso polas ubres o pensamento único aznarista que sobrevive en todos os foros teño moi claro que hai que negociar con eta. que hai que negociar sempre. en todos os casos. para todas as cousas. se un rexeita a violencia como modo de conseguir un obxectivo político, con que cara pode, asemade, rexeitar a negociación?

e unha cousa que se non dixen antes, penseina: as vítimas do terrorismo teñen dereito ao odio, teñen dereito a desexar vinganza. pero a política dun estado non pode estar condicionada por eses sentimentos. debe ter en conta outras consideracións, debe realizar outras análises. non digo que a negociación con eta deba ignorar as vítimas. pero de ningún xeito as vítimas teñen que estar no centro da negociación.

e moito menos personaxiños sinistros como alcaraz, que non responde tanto aos intereses das vítimas canto aos da máis rancia dereita españolista. esta mañá falaban na radio dunhas declaracións súas a respecto da tregua que me deixaron frío. quixen poñelas aquí pero non atopo unha fonte de onde copiar a cita.

as viciñas

nova comprobación de que a blogoleira de millo ten postos os marcos ben lonxe.

seguindo a estratexia de perseguir o perfil d@ autor@ dun c@mment, onte descubrín un blog que non coñecía.

estouno lendo con entusiasmo. e hai materia para un anaco.

tamén engadín outras ligazóns la longuísima listaxe de idem’s. non moitas, a verdade. porque tantas van facendo que perda sentido.

próximo aniversario

este venres 24 de marzo fanse 30 anos do último golpe militar en arxentina. o de videla, cando derrocou a isabel martínez, presidenta inesperada pola morte de perón.

a historia dende aquela é máis ou menos coñecida. unha ditadura sanguinaria que durou sete anos e deixou no camiño trinta mil persoas desaparecidas, un país rematado de desangrar economicamente, unha guerra insólita e unha xeración devastada.

algunhas desas persoas desaparecidas, mulleres que foron secuestradas embarazadas, deron a luz os sus fillos nos campos de reclusión, quitáronlles os fillos, matáronas e entregaron os nenos de modo ilegal a outras familias.

nos últimos anos foron aparecendo algunhas poucas fosas comúns. porén, os corpos de moitos dos desaparecidos probabelmente estean no fondo do río de la plata. grupos do exército e mais a forza aérea lanzaran ao río-mar un número non determinado de persoas vivas, atadas e amordazadas. é o que se coñece como “vuelos de la muerte”.

a acción persistente das avoas da praza de maio permitiu recuperar un número aínda pequeno pero significativo daqueles nenos nados en cativerio. seguen traballando.

da derrota nas malvinas regresaron moitos rapaces de dezaoito e dezanove anos, feridos algúns, traumatizados todos. o país botou un manto de esquecemento sobre eles. uns por esquecer unha guerra inverosímil, inventada para tentar soster unha ditadura militar agonizante. outros por agochar os resultados lamentábeis dunha aventura militar tan mal proxectada e tanto peor levada a cabo. o goteo de suicidios dentro do colectivo de ex-combatentes de malvinas non se detén.

o regreso á democracia (o 30 de outubro de 1983 tiveron lugar as eleccións que gañou raúl alfonsín) trouxo:
– unha agudización da pobreza (coa colaboración inestimábel do fmi),
– uns xuízos exemplares ás cúpulas militares,
– dúas leis (durante o goberno de alfonsín) de dubidosa legalidade que deixaron en liberdade a meirande parte dos xenocidas,
– uns indultos (asinados por carlos menem) que deixaron en liberdade os xenocidas que non se beneficiaran das leis anteriores.

moitos dos asasinos regresaron despois ao cárcere polo secuestro dos nenos.

moitos outros están regresando pola recente declaración de nulidade das leis de alfonsín e mais os indultos de menem.

as nais da praza de maio xa non dan voltas á pirámide da praza. van maiores, moitas morreron na barricada.

os militares aparentan respectar o marco institucional pero está demostrado que aínda hai moito que facer alí dentro.

o país está quebrado, economicamente e tamén moralmente. quere ter esperanzas pero decote topa co autoritarismo de gobernantes ineptos e inmorais.

moito traballo queda por facer en arxentina. xa non só para recompoñer o tecido produtivo, senón para reconstruír una rede social que se sosteña en principios de convivencia. non é pouca tarefa. o caso é empezar.

good night zzz

onte fun con desorde, o psicopoeta e p. ver good night and good luck. non tiña un día moi lucido (non, non lle falta o tilde á palabra) (saír de noite é o che che ten cando un perdeu o hábito). aínda así, non creo que fose só por iso que botei tres cuartas partes da peli dando cabezadas.

e estou un pouco farto do rollo ese dos xornalistas salvadores da democracia e a liberdade.

aquí (intemperie)

onte estiven “aquí” na intemperie de olalla.

foi un acto moi cheo. as presentacións estiveron moi ben no seu sitio (gustoume o texto que preparou marilar). olalla falou do seu libro, do seu aquí en humidtown, dos seu aquí na poesía.

coma sempre sucede nas presentacións e como decía szymborska nun poema que lía ás veces miro, eran case tod@s amig@s e parent@s

respirábase no ambiente moito cariño. @s amig@s de olalla son moitos e agarimosos.

do libro non digo nada porque aínda non tiven tempo de lelo. onte pola noite rematei de preparar a presentación desta tarde en fene.

nos viños posteriores (foi auga, no meu caso, facilitada por sara jess) tiven ocasión de arrexuntar argumentos para a seguinte disquisición:

ben podería facer unha convocatoria parecida a aquela do señor pito hai uns meses…

ou mellor decisión será escribir un poema?

retrato

para os que non o coñezan, velaquí un retrado d’ohqtomr en south park’s style.

é xentileza de planearium. podedes facerlle unha visita e conseguir o voso propio retrato.

a que sae caghadiño?

toco madera

fágome eco-eco dun convite que xa soltou o amigo pito no seu galiñeiro e que concerne a un blogueiro de pro… pero como non sei se a ligazón entre blogueiro e artista está permitida, desculparédesme que non poña as respectivas idem.

por se non se le moi alá na imaxe, a info é:

toco madera. exposición de igor pereda
inauguración 03/03/06 (que quere dicir 3 de marzo de 2006) ás 20:00
centro sociocultural da trisca.
corredoira das fraguas 92 (barrio de san pedro en compostela)

a exposición estará alí todo o mes de marzo.