octavos de final

polo menos este ano non os eliminaron en cuartos…

(sen acritude)

(e a conciencia de que mañá con toda probabilidade seguiremos o mesmo camiño)

a voltas cos números

achéganme unha ligazón aos resultados do referendo do estatuto galego en 1980.

como pode observarse, a participación naquela consulta foi dun cativo 28,27%.

un 73,35% (algo menos que antonte en cataluña) votou a favor e un 19,77% votou en contra.

tampouco non había consenso político. houbo os que impulsaron o “si” (maioritariamente os partidos españois e algún nacionalista moderado), os do “non” (nomeadamente as principais referencias nacionalistas) e mesmo houbo quen impulsou o voto en branco.

o pp dixo o outro día que, se un 53% do censo non votaba si no referendo de cataluña ían promover unha nova reforma estatutaria.

o actual estatuto galego foi aprobado en 1980 por algo menos do 21% do censo galego.

sen apoio popular nin consenso político.

as conclusións, déixollas a cada quen.

os viciños (capítulo n)

aínda que a lista xa perdeu todo sentido polo longuísima que é, veño de engadir alí un novo blog.

nos sitios máis insólitos agroman blogueiros.

varas de medir

comparemos.

españa aprobou a constitución europea tras un referendo no que votou “si” un 32% do censo.

cataluña aprobou onte o estatut cun referendo no que votou “si” un 36% do censo.

aquel 21 de febreiro de 2005, día seguinte do referendo polo tratado europeo, el mundo empezaba así: “La Constitución Europea ha aprobado con nota su primer examen en las urnas”.

hoxe, o titular é: “La baja participación marca la aprobación del nuevo estatuto catalán”.

non penso que o proceso do estatut quede pechado correctamente tras a devaluación á que foi sometido nas cortes.

non me parece que unha participación cidadá tan baixa sexa cousa de celebrar

non estou convencido de que nación sexa o máis importante dunha reforma estatutaria (nin para votar “si” nin para votar “non”) (se andalucía, o paradigma da nacionalidade española, é agora realidade nacional de que vale que o sexan cataluña ou galiza?)

non creo que a política dos partidos toque a música que tocan as necesidades da xente

non creo que a responsabilidade sexa só dos políticos. aquí non estamos en francia e iso é responsabilidade da desidia da xente, de todos xuntos e de cada un por separado.

6-0

a esta vaca véselle o plumeiro

o pitiño de mudanza

o pitiño tá de mudanza. acompañámolo ao seu novo galiñeiro.

tamén hai tempo que mudou de nome. agora que deixamos constancia, pasa a ocupar un sitio máis abaixo na longa lista. con pesar.

a lei do embudo

batasuna non pode dicir que o proceso de paz se vería afectado se os interlocutores da esquerda abertzale entran en prisión porque iso significa atentar contra a independencia da xustiza.

o pp (pola súa particular boca de saurón que é a avt) segue reclamando unha suposta verdade sobre o 11-m, moi a pesar de que a xustiza parece ter descartada e ben descartada esa responsabilidade que pp-avt reclaman.

e eu que toda a vida entendín que “la ley del embudo” era “la más linda con el más boludo”…

entre a paixón e o somnífero

ohqtomr e mais eu estabamos entusiasmados co tema da tregua. pensabamos que teríamos un interesante período de debate. pero esquecemos ter en conta unha dereita tan radicalizada.

levounos só unhas poucas semanas comprobar que o pp só apoia o goberno para que eta abandoe as armas.

para iso non se precisaba apoio ningún.

será que o pp pensa realmente que eta vai abandoar as armas sen contrapartida de ningunha clase? “vinde, muchachos, deixámosvos aquí as armas porque, uf, é un fastidio, pasamos xa do rollo ese da e a liberación nacional”.

a dereita non asumiu aínda que non dirixe a política española. nin a política antiterrorista nin ningunha outra política.

decidiron utilizar todas as armas de que dispoñen para derribar o goberno. a calquera prezo. pero teño a impresión de que o prezo que van pagar é o dunha derrota electoral aplastante.

non me apetece nada, francamente, poque iso pode desembocar nun goberno do psoe con maioría absoluta. e iso non é bo. as maiorías absolutas deberían erradicarse do sistema parlamentario. máximo 45% de escanos.

pero non poñamos o carro diante dos bois. ata as próximas eleccións españolas aínda temos tempo de bocexar cantidade co discurso monocorde made in acebes-zaplana-rajoy.

e que non nos pase o desta tira de macanudo. ou si…

premio

non lin todos os libros de paul auster porque os vou dosificando.


téñoos todos, pero témolle á vertixe que me produciría saber que xa non me queda ningún sen ler.
dos que lin ata o de agora, sen dúbidas o mellor é a primeira parte de a invención da soidade.
aínda que tamén destacaría outras (leviatán, a noite do oráculo ou o libro das ilusións.
a última, brooklin follies, gustoume tamén. máis no estilo dalgunhas novelas vellas súas.