do que sucede

hai cousas sobre as que, por moi ditas, escollo non escribir. maiormente por non repetir o que xa se di noutros blogs ou medios de comunicación ou mesas de café.

hai outras cousas sobre as que escribiría pero todo o que tiña para opinar ao respecto xa o dixen antes (é o que sucede cando os actores da actualidade se empecinan en recitar unha e outra vez o mesmo discurso ou en tropezar unha e outra vez coa mesma pedra).

a lectura dos xornais é unha constatación de que somos verdadeiros privilexiados por este recuncho do mundo que nos acolle. os nosos males son cativos.

isto non debe facernos conformistas. pero axudaría a que fósemos un algo menos choromiqueiros.

Chuzame! chúzame -

1 remoemento adicional a “do que sucede”

  1. novembro 22nd, 2006 | 3:44

    [...] algúns días é que estou liado con outros asuntos, outros que desconecto de todo e, en xeral, que reincido nunha sensación da que xa falei hai algúns posts: a realidade repítese e estou realmente aburrido de facer os mesmos comentarios sobre feitos semellantes. [...]