do que sucede

hai cousas sobre as que, por moi ditas, escollo non escribir. maiormente por non repetir o que xa se di noutros blogs ou medios de comunicación ou mesas de café.

hai outras cousas sobre as que escribiría pero todo o que tiña para opinar ao respecto xa o dixen antes (é o que sucede cando os actores da actualidade se empecinan en recitar unha e outra vez o mesmo discurso ou en tropezar unha e outra vez coa mesma pedra).

a lectura dos xornais é unha constatación de que somos verdadeiros privilexiados por este recuncho do mundo que nos acolle. os nosos males son cativos.

isto non debe facernos conformistas. pero axudaría a que fósemos un algo menos choromiqueiros.

hora h – 5

dentro de cinco horas ohqtomr sae de currar e marchamos en familia a barcelona.

uns días de desconecte, xa que non creo que sexan moi de descanso.

non creo que postee dende aló. ohqtomr precisa tamén desconectar do trebello este ou un día váiselle poñer a cabeza cadrada.

carrachas

a portada do que me dices trae este titular a toda foto: “eugenia [martinez de irujo, dedúcese da foto] infectada por garrapatas”. da lectura do artigo sábese que non foron plurais as carrachas senón unha soa pero ben ou mal orientada (dependendo dos gustos de cada quen).

a pobre tiña febre e non sabían de que era.

claro, como a picara nunha ubre… eu pregúntome que é o que mira o gonzalo. que lle aprendería súa nai a este chico.

seica estiveran pasando uns días “en contacto con la naturaleza”. son cousas que pasan cando un deixa os pazos e mais os hoteis de cinco estrelas.

pd: alguén estaba preocupado porque só falaba de fútbol? pero é que o verán non dá para moito máis.

ou será o meu cerebro requecido o que non dá para máis no verán?

posicións

cando eta declara a tregua indefinida é evidente que xa estaban adiantadas algunhas conversacións: ti declaras a tregua e a cambio eu… falo de ti como “movemento nacional de liberación vasco” (por exemplo).

esas conversas previas sempre inclúen a seguinte cláusula: “se vós dicides que esta reunión tivo lugar nos negarémolo firmemente”.

non alcanzo os motivos polos que eta decide facer públicos os termos desas preliminares.

o goberno, respondendo ao guión, vaino negar todo sistematicamente.

o pp reclama agora que o goberno desminta eses diálogos previos en sede parlamentaria (cun discurso pomposo que inclúe o seu xa coñecido tic “vayasé señor zapatero”). o psoe e o resto de partidos representados nas cortes (partidos todos que defenden o diálogo) non autorizarán, obviamente, esas comparecencias.

o xogo é todo previsíbel e, polo mesmo, aburrido.

quédome co gol de cambiasso no partido de arxentina contra serbia e montenegro.

realidade ou ficción?

– o xefe de estado do imperio pequeno (e consorte) prostérnanse diante do xefe doutro estado
– a televisión pública de valencia dedícalle ao tal xefe doutro estado máis de 15 horas seguidas de retransmisión en directo emulando a performance de tve no funeral do predecesor.
– o líder da oposición láiase de que se ignoren os principios da fe á hora de lexislar
– e mais sitúase en desacato (ou como se chame) desprezando a representación do estado do presidente do goberno
– h5n1 provoca pánico porque un avechucho chegou griposo a araba
– israel segue a machacar os territorios palestinos aínda que iso xa non sexa nova de portada
– os pilotos de iberia que gañan unha pasta inmoral decláranse en folga estragando as vacacións de moita xente que gaña ben menos

creo que prefería falar do mundial. mesmo a pesar do gañador final e da saída de ton do seu, malgré tout, balón de ouro.

fin de semana

por fin… esta semana gañeime o descanso ben gañado. e que o digan… (quid pro quo)

atrás queda humidtown. esta fin de semana tentarei ver que tal se respira aquí sen paco.

arxentina na final

admítoo, é consolo de parvos.
é o que ten o chauvinismo


é a primeira vez que un arxentino pita a final do mundial.
e probabelmente sexa a primeira vez que o fai un poeta

pd: síntoo por algúns comentaristas previos. non son moi fan do fútbol pero cos mundiais non me resisto.

pd2: máis: hai un arxentino emigrante en cada un dos equipos finalistas: mauro camoranesi entre os “azzurri” e david trezeguet nos “bleus”.

menos mal…

que nos queda portugal