non confundir cun retorno (6) (silencio)

non confundir cun retorno (5) (ou (4 cont.))

[este post naceu como comment destoutro]

eu non sei se me uniría ou non a unha campaña de protesta polo secuestro de el jueves.

uniríame incondicionalmente a unha campaña de protesta contra a hipocrisía dos poderes (públicos e privados) que satanizan unha cousa ou a contraria dependendo dos intereses que se vexan afectados en cada caso.

ademais, estou un pelo farto de defender mediocridades (tales como opcións políticas discutíbeis, escritos dubidosos ou, como é o caso, asuntos ramplóns).

tanto o debuxo como as emocións (ou impulsos) que moven a meirande parte dos comentarios ao respecto son dunha superficialidade, aí si, limítrofe co obsceno.

non confundir cun retorno (4): “eu avisei”

nada, que pasaba por aquí e ocorréuseme remitirvos ao apartado 2 deste meu post de febreiro de 2006