non confundir cun retorno (8) (obsesión)

a cría pequena do humano esperta polas noites con fame.

o humano leva dúas noites espertando desacougado ao oílo porque a cría se empeña en querer meterse na boca un arquivo excel e, como non dá feito, chora.

non confundir cun retorno (7) (dúas reflexións)

reflexión 1 (pregunta e resposta posíbel)
por que os xornais franceses teñen máis páxinas de política cós españois?

porque en españa non hai política. só hai xestión. para haber política ten de haber disenso e iso eliminouno aznar creando principios indiscutíbeis e irrefutábeis.

reflexión 2

a propósito da renuncia de imaz editorializa el país e fala do “aggiornamento” da ideoloxía peneuvista. que é “aggiornamento”? facer que a ideoloxía doutro se faga máis parecida a de un?