non confundir cun retorno (13) (estar)

alguén dixo o outro día unha cousa que me pareceu excesiva pero que, pasados os días, fan que pense que tiña razón.

refírome ás reaccións dos blogueiros e internautas galegos en xeral ante o asunto “yolanda castaño/aduaneiros”.

logo, cómpren unhas reflexións/puntualizacións adicionais:

– moléstanme sobremanera as lealdades automaticas que se producen no blogomillo.

– preocúpanme as reaccións irreflexivas.

– ponme de moi mal humor as falacias e os postureos.

– detesto os insultos (e toda outra acción) anónimos ou agochados detrás dun pseudónimo.

se toda a xente que defenestra a poesía de y.c. no blogomillo lese a poesía de y.c. entón y.c. non precisaría facer cifras e letras para comer todo o mes.

e cando digo “lese” non me refiro a ler un poema na internet. refírome a ler a súa obra a conciencia como para permitirse criticala.

outra cousa é criticar a y.c. polo affaire “sargadelos”. aí non teño nada que discutir. quero dicir: que cada un pode pensar o que queira de que teña aceptado a dirección da galería da coruña. que cada un pode dicir o que queira en público ao respecto. só un pequeno apunte: algún dos que a critica por aceptar ese posto parou un segundo a pensar que faría se llo ofrecesen?

eu defendo a liberdade de expresión. defendo que a xente que se expón en público correo o risco de que a critiquen. defendo que un debe ser conciente do que fai e saber aceptar que os demais poidan non estar de acordo.

pero tamén digo que debemos ser máis respectuosos uns cos outros. que unha crítica non precisa un agravio ou un insulto (de feito, creo que un agravio ou un insulto descalifican a crítica en si mesma, pero iso é fariña doutro saco).

e, consecuentemente, defendo o dereito de cada un a facerce tratar con respecto.

fóra dobres morais: se eu son dono deste bar, son responsábel de que nel non se falte o respecto de ninguén.

como teño poucos parroquianos (e ultimamente, menos que poucos) nunca me vin na tesitura de ter que eliminar un comment por faltar o respecto. pero non dubidedes que o farei o día que sexa preciso.

e isto non me fai partidario da censura ou censor da liberdade de expresión. faime partidario do respecto e da participación construtiva e reflexiva.

que os conceptos “construtivo” e “reflexivo” son subxectivos (e riman) e dependen do meu criterio? si, pero para iso eu son o dono deste bar e os demais teñen dereito a vir ou a non vir por aquí.

eu, dentro das miñas limitacións, tento remoer os asuntos antes de postealos. e comento respectuosamente. só pido respecto e, a ser posíbel, reflexión.

quen queira convertir o blogomillo en aquí hay tomate non conta co meu apoio.

remoementos adicionais:

– a impresión é que a reacción de a.s.f. é fraudulenta por histriónica e a maioría picou.

– as xentes da cultura deste país están facendo milleiros de cousas, moitas veces pola cara,  e non teñen o máis mínimo eco nos medios de comunicación. este tema foi portada e contraportada de galicia hoxe e mereceu dous artigos en vieiros. é normal? ou é que, máis unha vez debemos enunciar “que paisiño!”?

non confundir cun retorno (11) (fronteiras)

reflexións sen fío

– non son quen de xulgar as opcións laborais, ideolóxicas, políticas ou culturais de ninguén.

– non son quen de xulgar a ninguén como poeta mirando só para as súas opcións laborais, ideolóxicas, políticas ou mesmo culturais.

a.s.f. sempre me pareceu un espazo de humor gráfico interesante e intelixente. o animado da polémica non modifica un ápice a miña opinión.

– fastídiame sobremanera o mal gusto de moita xente á hora de deixar comentarios por aí. sobre todo cando os comentarios son agresivos contra alguén e veñen agochados detrás dun pseudónimo.

– pero o mal gusto non é delicto

– e non ten por que ferir. cómpre ollar por riba do mal gusto. non estar á altura

– encántanos en galiza criticar a quen ten éxito. pero tamén é certo que se un acepta ser socialmente visíbel debe saber que se expón a cousas boas e chungas

– e gustaríame pensar que non estou á altura ramplona dos comentarios ramplóns (e non estou falando aquí só dos comentarios contra yolanda senón tamén de moitos dos comentarios que a defenden)

engadindo:

– é interesante tamén o comentario 91 do asunto en chuza. que aquí as vítimas sangran. todas. pola ferida semellante.

engadindo 2:

– como está realmente tirado atopar na rede hoxe comentarios que defenden a a.s.f. e critican a y.c., vai un link a un post que levanta unha postura diferente e moi intelixente. menos mal que non todo o mundo opina a bote pronto .

non confundir cun retorno (11) (blog action day)

as vacas non somos moi amigas de transportes, porque non adoitan ser de bo agoiro para nós. pero o outro día o humano preguntábase se, realmente, no caso de ter que mercar outro coche, pagaría máis para ter un que contaminase menos.

todo a conta dunha publicidade sobre un coche ecolóxico e o premio nóbel da paz deste ano.

por certo, este señor méteme moitas dúbidas no corpo. paréceme ben que alguén con voz e relevancia tome partido claro neste tema do cambio climático pero, que queren que lles diga, dáme dende o principio a sensación dun neno caprichoso que, como lle quitaron o xoguete da man cando estaba a piques de alcanzalo, entón agora tira da manta e que caian todos os xoguetes.

non confundir cun retorno (10) (hoax)

hoxe recibín, outra vez, un hoax. estaba escribindo ao remitente un dos meus instrutivos mails aos que ninguén lle fai caso e pensei en colgalo aquí dunha vez para aforrarme reescribilo de cada e limitarme, no futuro, a enviar links aquí.

velaquí vai:

os hoaxes son falsas alarmas de virus e son considerados virus en si mesmos. por que?

1) producen inxentes cantidades de correo inútil, facendo perder tempo aos destinatarios e, sobre todo, recargando os servidores de correo e as redes de comunicación con lixo
2) algúns deles fan que os propios receptores da mensaxe borren eles mesmos arquivos importantes do seu ordenador
3) propagan pola rede mensaxes de correo que levan, no encabezado, moitos enderezos de correo electrónico que, nalgún punto da súa travesía adoitan, chegar a mans de spammers, quer dicir: xente que os utiliza para enviar spam ou para vendelos a empresas que envían spam

unhas regras básicas para o uso do correo electrónico resolven todos os problemas deste tipo (e, se todos as utilizasemos, as mensaxes de advertencia de risco de virus serían innecesarias aínda que a ameaza fose real):

– non abrir ningún correo electrónico de destinatario descoñecido
– non abrir ningún correo electrónico de destinatario coñecido pero con “asunto” dubidoso (funciona ben, está comprobado, aquilo de “recibín un correo teu co asunto tal, non o abrín porque pensei que podía ser virus ou spam, se era realmente teu, reenvíamo cun asunto máis explícito”)
– os arquivos recibidos como adxunto dun correo electrónico deben abrirse unicamente cando o remitente da mensaxe diga con claridade que envía un adxunto, o nome do arquivo e a finalidade que se persigue con el
– non seguir nunca unha cadea. no caso de que a tentación sexa incontrolábel, ter primeiro a precaución de consultar nun buscador se o que se está reenviando é real ou hoax.
– ao reenviar un mail recibido ter a precaución de eliminar do encabezado todos os enderezos electrónicos que inclúa
– ao enviar un mail a varios destinatarios, incluír todos os destinatarios na sección cco ou bcc (dependendo do cliente de correo utilizado) para que os enderezos de cada un deles non sexan visíbeis para os demais. evítase así o risco de que a información caia en mans de spammers e se reduce o risco de contaxio de virus que se reenvían utilizando clientes de correo pop (outlook e similares).

existen páxinas dedicadas expresamente a brindar información sobre cadenas falsas, virus e hoaxes. algunhas delas son:

http://www.rompecadenas.com.ar
http://antivirus.hispavista.com
http://www.forospyware.com/

nesta atoparedes tamén unha lista de hoax coñecidos e tristemente divertidos

non confundir cun retorno (9) (premios)

a pesar de que, como di o artigo, a parenta é “excepcional” e “recolle premios en todos os concursos”, a metade das liñas do artigo adícanse á sospeita de tongo por nacionalismo excluínte.

manda carallo co rigor xornalístico!

aquí unha versión vernácula da mesma noticia. nada de tongo, moito de imaxinación.