non confundir cun político (gelman)

afinal foi para gelman.

este xornal, do que é columnista, ofrece material interesante para ler sobre este poeta arxentino.

pero, sobre todo, paga a pena mergullar nesta páxina onde hai dispoñíbel moita obra súa (literaria e xornalística).

Llena de signos y de árboles,
ella cruza la noche como un fuego o un río,
asciende en el silencio y la memoria,
es infinita como un hecho,
la existo, la conduzco, yo soy su certidumbre.

non confundir cun prognóstico (cervantes)

hoxe fállase o cervantes e na nómina de candidatos hai moitos poetas.

dos que o artigo anteenlazado dá como favoritos, quédome con blanca varela.

descartados os españois por aquilo da alternancia.
descartado benedetti, poeta para adolescentes.
gelman paréceme irregular. ten momentos sublimes, outros fánseme monocordes.

o dito, quédome con varela:

A Rose Is A Rose

inmóvil devora luz
se abre obscenamente roja
es la detestable perfección
de lo efímero
infesta la poesía
con su arcaico perfume

non confundir con ideas (triste política)

que a política se convertise nun negocio (douche unha ministra e ti dásme catro competencias) é triste. pero é o que hai.

se queres xogar o xogo (se queres ter representación no parlamento, etcétera) hai que saber como son as regras e adaptarse.

hai moito tempo que a política non é cousa de principios nin de ideoloxías ou mesmo de ideas. triste pero real.

non confundir con ciúmes (lambidas)

igual das vacas non se aproveita todo como dos cochos. pero seica temos utilidaes insospeitadas!

non confundir un plaxio (para nada!)

este conto de fadas con final feliz que sae na voz de galicia de hoxe, está contado de modo sospeitosamente parecido a como se contaba na edición do 26 de agosto (!) destoutro xornal arxentino.

xa o comentaba en privado estes días que mandei unha nota de prensa e os xornais case que se limitaron a transcribila tal como ía e, nalgún caso, a reinterpretala sen saber do que estaban a falar…

e despois case que hai que agradecerlles a transcrición, que podían ignorar o asunto.

eu así tamén quero ser xornalista.

non confundir con educación (ábrete sésamo)

esta noticia é fantástica, fantástica!

(véxase, sobre todo, a 3ª acepción da palabra no estraviz)

con todo, penso oportuno facer aquí unhas presentacións, para evitar confusións:

beto e enrique

non confundir cunha ilusión (subornos)

non fai verán, pero quece un algo

non confundir con… non confundir

dous titulares para un mesmo suceso:

la razón:
Desarticulada una banda de magrebíes que robaba 4×4 que luego vendía en Marruecos

el país:
Desarticulada con 27 detenciones una red de robo de vehículos de lujo

non confundir cunha confusión (estoupido)

-que guai! os rapaces fixeron estoupar a burbulla inmobiliaria.

-non hou, fixeron estoupar foi a burbulla inmobiliaria.

-cachis!

non confundir cun azar (voda)

acaban de mandarme un link a este vello post de tati
dous comentarios:

1) mágoa que non continuase… porque non continuou, non?

2) todos eses coments farmacolóxicos serán metáforas da voda ou dos seus resultados?

páxina seguinte »