non confundir cun deserto (comments)

hai alguén aí?

non confundir con entusiasmo (os pinos)

os himnos cantan a vitoria dos pobos. afirman identidade.

o noso, como lembraba jaure hai uns días, empeza por unha pregunta. eu tamén pensaba que era o único, pero bueno… case.

e, como dicía rafa nunha das innúmeras veces que o cantamos aló por 2001/2002 a conto do chapapote, é o único himno triste.

e como iso de triste non é moi medíbel, que veña alguén e me contradiga.

non confundir con ecoloxía (don dinero)

a comisión europea aproba (por maioría) unha norma para reducir as emisións contaminantes dos coches.

nin no interior mesmo da comisión acadan consenso para este plan que nin prohibe nin mesmo penaliza a fabricación de coches moi contaminantes senón a media de emisións da flota de cada fabricante.

quer dicir: poden seguir fabricando 4×4 supercontaminantes para executivos pijo-agresivos sempre e cando fabriquen máis choches pequenos que contaminen pouco.

quer dicir: o dereito a contaminar págase. e se eu teño pelas podo contaminar a vontade.

cando compre o meu próximo coche pequeno sentireime moi satisfeito por colaborar a que alguén con posíbeis poida ter o seu 4×4.

quédome moi contento. esta é a miña europa de progreso e benestar e xustiza.

non confundir cun negocio (ou dous)

onte escoitei na radio que a xunta está a estudar un sistema que permita transvasar auga dos encoros destinados á produción de enerxía aos encoros destinados a consumo. que os hidroeléctricos están neste momento ao 80% e os de consumo están a menos do 50%.

nota a: non pidan links que non atopo.

nota b: esas cifras ofrécenme moitos interrogantes pero non vou ser eu quen os pouse aquí. queda inaugurado este pantano (e nunca mellor dito).

non confundir cun ave (reclamo electoral)

velaquí outro motivo para non votar a rajoy (por se alguén tiña dúbidas).

non confundir con alianzas (malvinas e arredores)

segundo reseña hoxe a prensa arxentina, o anexo 2 do tratado de lisboa (asinado onte polos xefes de estado e goberno da u.e.) detalla todos os territorios aos que afecta o tal acordo. entre eles inclúense as illas malvinas e outras illas próximas enleadas no mesmo conflito territorial entre arxentina e o reino unido.

cada vez que a arxentina presenta a votación no comité de descolonización da onu unha reclamación territorial sobre as illas, moitos países europeos votan con arxentina, contrario ao reino unido.

pero está claro que, nesta altura do complicado debate do tratado, ningún país europeo vai poñer a máis mínima pega a este detalle nimio que, porén, para a arxentina é relevante, como o indica a protesta formal presentada diante de varios estamentos europeos nacionais e supra-nacionais.

évos o que hai.

non confundir con utopías (dereitos e humanos)

 

eslógan dunha campaña da ditadura arxentina en ocasión dunha visita
da comisión interamericana de dereitos humanos en 1979