non confundir con etarras (falangistas)

o argumento da avogacía do estado para reclamar que o concello de hernani retire o nome de josé manuel aristimuño a un parque infantil consiste en que é “contrario a Derecho” que unha institución pública adopte “acuerdos de enaltecimiento de personas por su relación con una actividad contraria al ordenamiento jurídico”.

acto seguido debe anularse o acordo polo que se lle deu ao principal hospital da coruña o nome de “juan canalejo”, destacado líder coruñés da organización delictiva “falange española”, autora de múltiples delitos de terrorismo paramilitar.

pero iso seguro que xa se lle ocorreu a algún político galego progresista. algún dos que nos goberna. digo eu.

non confundir con reclamo (xenofobia)

dende hai algunhas semanas os veciños do novo mesoiro na república do norte veñen facendo alarde de racismo sen poñerse vermellos nin nada.

mani mesoiro

a pancarta da cabeceira da mani coa que me crucei o outro día polo cantón grande dicía “queremos las cosas claras”. referiríanse ao ton da pel da xente que o concello da coruña está a realoxar na súa exclusivísima e chic urbanización fadesa?

a federación de asociacións de viciños da ínclita cidade herculina propón que os realoxen a todos noutro concello. parabéns para ese seu espírito integrador e respectuoso cos dereitos de todos.

un mundo mellor (oxalá)

un:

arxentina está discutindo unha lei de matrimonios homosexuais. incluído dereito de adopción. discutindo. lonxe estamos aínda de que a lei sexa aprobada. con todo, a cidade de buenos aires xa admite parellas gays no seu rexistro de parellas de feito.

oxalá o proceso remate demostrando que arxentina está á altura dunha sociedade moderna, tolerante, aberta e libre de ataduras de moral decimonónica. parece moito pedir. veremos.

dous:

andan por aí discutindo se un ou outro candidato a portavoz do pp é mellor có outro ou cá outra, segundo sexa.

non teño moitas esperanzas e, no fondo, dáme bastante igual cal sexa o gañador da carreira.

si sospeito que o nome finalmente electo estará moi ligado a un ou outro barón triunfante o 9-m.

e se gaña o candidato de camps, eu quedarei coa impresión de que é espe quen perde o pulso. e digo eu que todo o que signifique perda de influencia desa axente da conferencia episcopal é unha boa nova.

o goberno de madrid está demostrando unha eficacia talibán na aplicación da moral cristiana (centros de interrupción do embarazo, educación para a cidadanía, son só dous exemplos).

unha pronta resolución do conflicto nas institucións xudiciais é fundamental para que o estado marque claramente as regras do xogo e nos deixemos de gaitas.

non confundir con alegría (alivio)

non ía votar zp. non votei, que as vacas aínda non votamos.

pero é un alivio que non gañase marianiño.

e máis alivio é ver que acebes e zaplana (como mínimo) teñen os días contados.