non confundir cun refrán (á terceira vai)

ohqtomr acaba de recibir unha chamada informándolle da obtención dun premio dos bos. un lambetazo de vaca para el.

non confundir con letras galegas (gallegas)

contexto: visita guiada ao castro de elviña.

chove.

participantes: unha parella cincuentona coa súa filla próxima a deixar de ser teenager. galegos dalgún remoto lugar do país no que aínda se fala galego cos fillos. os tres fálano naturalmente entre si e co resto dos visitantes que veñen sendo, ohqtomr e a súa pequena acompañante de catro aniños (o resto da familia quedou na casa por febre provocada por dentición algo tardía + tempo inclemente).

a guía desenvolve o seu traballo en galego.

a pouco de comezar podemos pechar os paraugas. algo despois mesmo apetece quitar os impermeábeis (consecuencias do paseo costa arriba). a peque, claro, é a primeira.

rematado o roteiro, achegámonos ao caseto que teñen alí para encher unha enquisa sobre a satisfacción da visita. como é opcional, decidimos encher entre todos os catro adultos presentes unha soa versión da folla.

a folla está redactada en galego. toma o bolibic a filla da parella antes mencionada.

a conversa sobre a escolla das respostas desenvólvese en galego.

a primeira parte do cuestionario consiste en valorar a calidade da guía marcando cun X nunhas columnas con puntuación. poñémoslle a case todo a nota máxima porque a rapaza meréceo.

mentres todo isto sucede, desenvólvese en humidtown unha manifestación bastante numerosa en defensa da lingua.

a vida parece sorrir.

a segunda parte do cuestionario require redacción.

-como coñeceu esta actividade? -le a rapaza en alto

-chamando ao 010 -contesta ohqtomr

“llamando al 010” escribe ela.

non podía ser todo tan bonito.

non confundir con humor (mal humor)

galegos en arxentina denuncian un editor dun libro de chistes de gallegos.

eu tento eludir as xeralizacións e mais rexeito o uso de xentilicios para adxectivación pexorativa. pero denuncias como estas parécenme signos de… falta de humor? complexo?

non se contan acaso aquí chistes de arxentinos? e de portugueses?

o mesmo autor do libro agora denunciado ten tamén publicado estoutro título:

o 90% dos chistes de galegos que oín en buenos aires volvín oílos en caracas con protagonistas colombianos e nos programas de humor da tele española con protagonistas de lepe.

penso que os estereotipos se cambian andando. e que o único que conseguen os denunciantes é dar maior publicidade ao libro.

por certo, unha google-curiosidade. se fas unha procura de “chistes de argentinos”, ao pé sae esta acaída suxestión de procuras relacionadas:

se fas unha procura de chistes de gallegos, a suxestión é estoutra: