na leira

o tempo pasa pero eu sigo na leira. son unha vaca mortal pero manexo outros ritmos diferentes aos dos meus conxéneres.

o mundo segue dando voltas pero agora ohqtomr anda deitando os seus rebotes de modo máis conciso no herbal do lado, que vén sendo este: https://twitter.com/eduardo_estevez

el segue coa súa poesía, agora seica vai publicar un libro novo pero aínda anda mirando probas e esas cousas.

desde que non remoo en público a política anda costa abaixo, ou os políticos, ou algúns políticos.

fixeron amago de spanish revolution e non foi aló a cousa moi a maiores.

e os que teñen a sartén polo mango e mais o mango seguen á súa de fritir humanos no seu aceite rancio.

en fin, que non morrín, e que igual dáme por vir por aquí de cando en vez. nesta leira segue a medrar a herba grazas aos bos amigos de blogaliza. longa vida para el@s.

aínda que todo semelle mustio, eu sempre penso que pode andar mellor. e para iso remoo.