non confundir con democracia (opinión)

refire o xornal arxentino página/12 de hoxe unha enquisa realizada pola organización WorldPublicOpinion a propósito da aceptación que ten a tortura a terrorista como medio para salvar outras vidas humanas.

as cifras son espeluznantes.

a nivel global, só un 57 % das persoas entrevistadas rexeita a tortura nestes casos.

as nosas sociedades occidentais vertébranse arredor de principios moitas veces discutíbeis. mesmamente este da “democracia” podería poñerse en cuestión se maiorías como esta nos levan a autorizar a tortura con fins policiais.

ou a “democracia representativa” se permite que institucións como o parlamento europeo aproben directivas como a recente de ampliación do prazo de retención de inmigrantes sen papeis (pensádeo un pouco: trátase de que se pode ter até 6 meses retida a unha persoa sen proceso xudicial só porque non ten papeis!) ou a ampliación da xornada laboral a 65 horas semanais.

encántanos xulgar os demais, os que non entendemos, e deberiamos pararnos un pouco a mirar o que estamos facendo coa nosa propia sociedade.

2 remoementos adicionais a “non confundir con democracia (opinión)”

  1. Xullo 10th, 2008 | 2:23

    Volvemos ó Mundo Novo de Huxley, todos estamos vixiados. Empeza con a presunta proteccion do Estado e termina con unha celda de dous por dous. Como se non bastara que enfrentan condicions tremendas e fan o traballo que ninguén quer, aínda os detenemos por tempo indefinido. Total mellor sería darlles unha corda para que se ahorcaran de vez!
    Xa nos chega de mundo civilizado!
    Hai que volver ó tempo en que as persoas eran persoas realmente.

  2. Agosto 29th, 2008 | 1:36

    Vaia vaia: ao final 1984 de Orwell tamén pode ser unha parodia do capitalismo. Deamoslle tempo ao tempo.

    Por qué seguirlle chamando democracia? Chamémoslle capitalismo.

    Un saúdo e parabéns polo blog do que gostei moito.

    Entrarei aquí decote.